martes, 17 de marzo de 2009

O cabazo da Veiga





























Na mesma finca, no lugar da Veiga, hai dous cabazos. Moito mais baixos cos do centro da comarca e a falta de altura e compensado polo seu ancho, o que lles da un aspecto mais rechoncho. Lembreime dun da parroquia de Miraz (Friol) do que ten unha fotografía o amigo das Terras de Friol no seu post Cabazos. Supoño que ese parecido de formas terá o seu porqué.

Cabazo e detalle do trenzado.
A Veiga.
San Vicente de Ambreixo.
Palas de Rei.

Podes ver o outro cabazo da Veiga visitando A outra Ulloa

1 comentario:

Friol dijo...

Supoño que o motivo de seren máis anchos ou máis estilizados deberase por un lado ás necesidades da economía familiar e polo outro a razóns de tipo construtivo, referíndome con isto á capacidade e bo facer do construtor.
Vexo que hai bastantes máis por esas terras que por este concello.
Un saúdo.
Únome as felicitacións polo blog.