martes, 21 de abril de 2009

San Miguel de Coence IV






































Entrei no interior de San Miguel de Coence coa intención de facerlle unhas fotos os capiteis historiados e a pía baustimal que sabía que había. O impacto de ver as pinturas deixou este tema a un lado pero aquí están.
Dos capiteis só teño foto do que está a dereita no arco triunfal, con unha iconografía explicitamente sexual, sobre a que xa tiven discusións cos que viron esta fotografía.
A pía baustimal con decoración vexetal e a cabeza dun home, resultou ser un capitel reutilizado que agora fai de pía, e que está colocado sobre outra peza colocada do revés.


Detalles de capitel e pías.
San Miguel de Coence.
Palas de Rei

1 comentario:

Chousa da Alcandra dijo...

Non hai peor cego que o que non quere ver (ou que non mira). En San Miguel de Coence teño lazos familiares dende moi neno e teño asistido a actos relixiosos de toda índole nesa Igrexa; razón pola cal non me sorprendeches cando falaches dela e sacaches foto da entrada principal. Pero hoxe déixasme pampo. Asegúroche que nunca me decatara da policromía que amosas, nin por suposto dese capitel que -concordo plenamente contigo- a iconografía é de temática claramente sexual.

Na miña próxima visita ó lugar, estarei máis atento ó entorno. Prometido.