miércoles, 1 de abril de 2009

Santa María de Marzá II































































Por sorte, das reformas da igrexa de Marzá, salvouse a ábside (que no seu interior ten pinturas murais das que xa falarei).

Os canzorros son unha marabilla, pero destacan dous deles: o do home con ¿barba? sentado e recollendo coas súas mans a vestimenta, e o do ¿fraile? sorrinte que ten no seu peito un ¿corazón? ¿libro? ¿?.
Seguro que lles habían de gustar os estudiosos da simboloxía románica.


Vista xeral da ábside e detalle dos canzorros (canecillos en castelán).
Marzá.
Palas de Rei

4 comentarios:

Tinta Azul dijo...

E assim vou conhecendo as terras vizinhas. Com belas fotografias.

Saludos
:)

Friol dijo...

Os canzorros do ramánico teñen unha moi boa explicación-- a súa simboloxía explícita e sexual-- nas entradas que en terrasdefriol fai a compañeira de historia e que son dignas de ler.
E con isto non pretendo facer propaganda do noso blog -que tamén-senón recoñecer un traballo ben feito e que de o leres estaredes de acordo comigo.
Do mesmo xeito que,xa o dixen máis veces, encomiable é o traballo de recompilación e posta en valor de todo o que estás colgando no teu blog.
Habería que pensar en confederarse.
Un saúdo

A Ulloa en fotos dijo...

Sí, coñezo ben ó da simboloxía sexual do románico e visitarei esa entrada do voso blog que me dis.
Durante este últimos anos, por cousas da vida, tocoume visitar frecuentemente as terras palentinas. Alí coñecín a Carlos Arroyo, o guía de San Martín de Frómista, e por suposto falamos da símboloxía sexual e da mentalidade tan distinta que temos nos e tiña a xente da Idade Media. Tamén falamos do fin educativo da imáxenes en xeral, do que nos contan e de como aprender a mirar esas imaxenes cos ollos de fai 800 anos.
O "románico erótico" da Ulloa é escaso e penso que hai canecillos mutilados por ser explicitamente sexuais, estes de Marzá son mais ben "recatados". Seguirei co tema dos canecillos de Marzá en breve e xa me dirás.

Un saúdo.

Por certo, busca na rede a igrexa de San Pedro de Cervatos (cantabria) e verás...

Friol dijo...

Vexo que pisamos as mesmas terras, hai xa moitos anos, pateei no norte da provincia de Burgos a coñecida ruta do "románico pornográfico". Daquela era un adolescente con moitas inquietudes e quedei flasheado ao ver este tipo de representacións nas igrexas- España daquela aínda era a España nacional católica e chamoume moito a atención.
Co paso do tempo, xa ves volvemos aos inicios.
Creo que non necesitas visitar a páxina.